Monday 06 de May de 2024

Apoio unánime dos comerciantes de Ordes á I Feira de Oportunidades


Ademais das mellores ofertas en textil o calzado, tamén se realizarán obradoiros temáticos de chocolate para nenos, nenas e adultos

Os comerciantes de Ordes apostan forte pola I Feira de Oportunidades que terá lugar os días 26, 27 e 28 deste mes. En cuestión de poucos días os trece postos que o Concello de Ordes puxo a súa disposición xa están outorgados. Nos máis de 470 metros cuadrados ubicados no primeiro andar da praza de abastos se exhibirán as mellores ofertas en téxtil, calzado, artesanía, marroquinería, alimentación ou bixutería.
Durante os tres días de feira tamén se levarán a cabo obradoiros temáticos de chocolate, dirixido aos nenos, nenas e adultos. Unha iniciativa que pon de manifesto a intención do Concello de darlle un uso polivalente a esta nova instalación. Ademais de charlas Pablo Pena, responsable de impartir este obradoiro e coñecido polo seu traballo á fronte da panadería Milagros, elaborará distintas receitas con este delicioso produto. Par elo cóntase tamén coa colaboración da firma de chocolates Valrhona.
A través desta cita veciños, veciñas e visitantes poderán coñecer de primeira man as novas dependencias de uso público, que ademais contan cunha excelente ubicación no centro da vila. O Concello de Ordes pretende darlle un uso continuo e variado tendo en conta as propostas e iniciativas populares e veciñais. Feiras, mercados temáticos, eventos culturais ou de tipo culinario son algunhas das opcións posibles.